* Día dos océanos , da man do Seminario de Estudos Terra de Viveiro, participamos nunha limpeza simbólica no areal de Covas. Ademais todos xuntos formamos un slogan: Coida o mar e rematamos no parque,onde os máis pequenos nos ofreceron bailes galegos.
* Festival fin de curso, no teatro Pastor Díaz coa repetición, a cargo dos alumn@s de 5º da peza de Manuel María: Aventuras e desventuras dunha espiña de toxo chamada Berenguela, que tamén levaron a Betania para que a ollaran os anciáns que alí residen.
No festival bailaron tamén os nen@s de 1º e os de 3º.
* Mercado ecolóxico, con produtos do noso horto, ademais talleres que realizaron algúns mestres: de maquillaxe, barro... e algúns milagres da natureza: o pan , o aceite e o mel. Como oficio invitado: o zoqueiro.