"A solidariedade é como o mar, podes ver o comezo pero non o final " Anónimo



" Hemos aprendido a volar como los pájaros y a nadar como los peces, pero no hemos aprendido el sencillo arte de vivir juntos como hermanos " Martin Luther King




miércoles, 18 de marzo de 2015

Perigos na rede

Con ese título a policía impartiu unha charla aos alumn@s de sexto. Unha charla moi didáctica e ilustrada con vídeos axeitados para alertar aos rapaces dos perigos que poden atopar navegando pola rede ou formando parte das redes sociais.

Semana da auga e da árbore

Co motivo de celebrar o día da auga e da árbore estamos a preparar murais alusivos a estes temas que incluirán slogans a favor do consumo moderado de auga: ese ben escaso e da protección das árbores como elemento fundamental de vida, de acubillo dos paxaros e como parte da nosa paisaxe. As composicións dos murais parten de elementos sinxelos: gotas de auga e sinxelas formas de árbores. Cada titoría aporta as elaboradas na súa aula ata completar un gran bosque e densos nubeiros.
Ademais, cos libros donados pola Deputación provincial, preparouse unha gota xigante que, colocada na entrada do colexio, nos vai lembrar este tema durante toda a semana.








Semana da froita

Rematamos o mes de febreiro con outra achega de froita aos recreos saudables. Ademais de tomar unha froita distinta cada día da   semana prolongamos a cita coa froita e, con máis produtos e restos da froita repartida, participamos en obradoiros saudables preparando  ricas brochetas e unha colorida macedonia. Canto nos prestou!!!
 Levamos tamén este tema a aula Abalar para elaborar:
 1º carteis que anunciaban , aos cursos dos máis pequenos, a chegada da froita.
 2º un xogo de adiviñas que tiña como protagonistas ás froitas. O premio polos acertos conqueridos foi un puzzle de froitas para colorear, recortar e compoñer.
3º Ademais Manuel preparou un orixinal carro no que, polo patio, nenos e nenas recollían os restos da froita para logo elaborar compost para o noso horto escolar.
O alumnado de sexto, da man de Manuel,preparou estas actividades.