"A solidariedade é como o mar, podes ver o comezo pero non o final " Anónimo



" Hemos aprendido a volar como los pájaros y a nadar como los peces, pero no hemos aprendido el sencillo arte de vivir juntos como hermanos " Martin Luther King




miércoles, 11 de noviembre de 2015

O magosto 2015

Como todos os anos  na celebración do magosto comemos ricas castañas asadas. Cada nen@ traía o seu cucurucho para recollelas e logo degustáronas por grupos. A nota lúdico-festiva puxérona o grupo de xoves músicos con Manuel e Alejandra ao fronte.







O Samaín

Cos froitos do outono chegaron as primeiras celebracións:

                          O Samaín
Coa lectura de textos alusivos a esta festa que se traballaron nas aulas e coa participación de cabazas aportadas por alumn@s de todas as titorías celebramos esta festa de orixe celta.





O día das bibliotecas

Celebramos o día das bibliotecas coa lectura do libro Os libros voadores do Sr. Paco, unha adaptación que os alumnos de 5º e 6º resumiron, ilustraron, leron e mesmo dramatizaron para o alumnado máis pequeno.




Chegou o outono

Chegou o outono e con el novas actividades complementarias dun novo curso 2015-16.
A primeira actividade foi dirixida ao alumnado de 5º e 6º. Un policía encargado das novas tecnoloxías explicoulles aos alumn@s os problemas que ocasiona o acoso escolar.