"A solidariedade é como o mar, podes ver o comezo pero non o final " Anónimo



" Hemos aprendido a volar como los pájaros y a nadar como los peces, pero no hemos aprendido el sencillo arte de vivir juntos como hermanos " Martin Luther King




martes, 5 de julio de 2016

Fin de curso

Rematamos  o curso cunha morea de actividades, entre outras:

* Día dos océanos , da man do Seminario de Estudos Terra de Viveiro, participamos nunha limpeza simbólica no areal de Covas. Ademais todos xuntos formamos un slogan: Coida o mar e rematamos no parque,onde os máis pequenos nos ofreceron bailes galegos.





* Festival fin de curso,  no teatro Pastor Díaz coa repetición, a cargo dos alumn@s de 5º da peza de Manuel María:  Aventuras e desventuras dunha espiña de toxo chamada  Berenguela, que tamén levaron  a Betania para que a ollaran os anciáns que alí residen.
 No festival bailaron tamén os nen@s de 1º e os de 3º.






* Mercado ecolóxico,  con produtos do noso horto, ademais talleres que realizaron algúns mestres: de maquillaxe, barro... e algúns milagres da natureza: o pan , o aceite e o mel. Como oficio invitado: o zoqueiro.


















martes, 31 de mayo de 2016

Mes de maio, mes das letras

Rematamos un mes con moitas actividades complememtarias:

* A policía estivo co alumnado de 5º e 6º para advertirlles dos riscos que poden atopar ao navegar pola rede.



* O camiño de Santiago
   Este ano eleximos unha etapa do camiño norte: Lourenzá - Mondoñedo.
    Partimos do mosteiro de San Salvador de Lourenzá que acolle a lenda do Conde Santo, o seu fundador, que foi monxe do mosteiro tras quedar viúvo. Peregrinou á  Terra Santa e alí mercou un sartego de mármore que, segundo conta a lenda, veu flotando sobre as augas do mar. Hoxe repousa sobre dúas columnas na igrexa do mosteiro.
 Cruzamos frondosos vales cheos de cultivos e invernadoiros. 
  Botamos de menos máis vexetación autóctona, pois predominan os eucaliptos ao longo do camiño.
  Entramos en Mondoñedo pola ponte de san Lázaro, onde houbo un lazareto para os leprosos.
 Xa na vila episcopal de Mondoñedo e, da man do noso guía, Carlos Nuevo, visitamos o cemiterio onde repousan os restos do gran escritor  Alvaro Cunqueiro e do médico Leiras Pulpeiro. Despois de comer na vila contemplamos a súa grandiosa catedral, mestura de estilos arquitectónicos: románico, gótico e barroco, o seu curioso barrio dos muíños, a ponte do Pasatempo, o seminario de Santa Catalina, escola de moitos poetas: Noriega Varela, Aquilino Iglesia, Pastor Díaz, Chao Ledo.... entre outros.
  Fermosa xornada, un ano máis, de convivencia entre alumn@s, profes, pais e nais.



Inicio da camiñada desde o mosteiro, hoxe sede do Concello de Lourenzá.


                                                               Escalinata do mosteiro


                                
                                            Repoñendo forzas.




 









 De camiño, cabazos típicos da zona.


cooCOMEN 
CCCcCCCCCCCCCCCCCC




                                          Na praza da catedral descansando. Que calor pasamos!!!







                                                       Arroupando a Cunqueiro




                                           No curioso barrio dos muíños.


   Na ponte do Pasatempo. Aquí, nenos e nenas de 5º representaron a escea de como tres cregos entreteñen a Dona Inés de Castro que  volve de Castela co indulto para o Mariscal Pardo de Cela .Cando chegou á praza o seu marido xa fora decapitado.










Homenaxe a Manuel María

As familias colaboraron moi moito na convocatoria, que desde a biblioteca,  a súa coordinadora, facía para preparar unha exposición sobre a natureza e as tradicións na obra de Manuel María.
  A exposición resultante quedou moi ampla e vistosa, con obras moi creativas:























Tamén participamos na celebración  do día da Árbore que organizou o Seminario de Estudos Terra de Viveiro.
Plantamos árbores na zona dos xardíns e recitaron  alumn@s de varios centros:Lois Tobío, Pedrosa Latas e Landro.
Os máis pequenos do Lois Tobío deleitaron aos demais cuns fermosos bailes galegos.






















 Os alumn@s de 5º e 6º tamén participamos no programa Mariñeiros por un día.
 Dentro deste programa visitamos a lonxa de Viveiro, o heliporto e a confraría de pescadores.