"A solidariedade é como o mar, podes ver o comezo pero non o final " Anónimo



" Hemos aprendido a volar como los pájaros y a nadar como los peces, pero no hemos aprendido el sencillo arte de vivir juntos como hermanos " Martin Luther King




miércoles, 22 de abril de 2015

O refraneiro de Cervo a Viveiro

Esta actividade, que chegou ás familias por unha proposta da coordinadora da biblioteca, acadou unha ampla e variada colaboración por parte das familias. Hai traballos moi orixinais e cheos de creatividade de alumn@s de todas as titorías. 







Unha exposición chea de contido e de colorido.

O noso colexio ademais aportou unha contacontos, Rebeca, que entretivoa aos nenos e os adultos




Receitas con froita

Para complementar as actividades da semana da froita preparamos unha gran árbore que enchemos de saborosas  receitas de froita. Abofé que merece a pena: pararse, anotar algunha e levar despois á cociña! Seguro que están boísimas dende as doces ás salgadas: biscoitos de limón, de piña, cremas de melón, sorbetes de mandarina.... A cociñar!!!



miércoles, 15 de abril de 2015

Hábitos saudables

Continuando  coa campaña de adquirir hábitos saudables esta semana tivemos outra vez froita fresca e ademais, unha charla da doutora e alergóloga do  hospital de Burela, Celsa Pérez, que falou o martes, para profesorado, alumnado e familias da importancia dunha dieta axeitada e dos perigos dunha mala alimentación.



Xogos populares

Rematamos o trimestre coa, xa habitual, xornada de xogos populares. Previamente os nen@s degustan, no recreo, un bocata saudable de queixo e xamón e a continuación comezan os xogos. Dezaséis estacións de xogos populares, coordinadas por un mestre/a ou unha nai, por onde rotan todas as titorías. Durante seis minutos participan do xogo proposto nesa estación e, por orde ascendente, pasado ese tempo, cambian a seguinte.
Xornada de xogos e convivencia en gran grupo que sempre lles parece curta.