"A solidariedade é como o mar, podes ver o comezo pero non o final " Anónimo



" Hemos aprendido a volar como los pájaros y a nadar como los peces, pero no hemos aprendido el sencillo arte de vivir juntos como hermanos " Martin Luther King




domingo, 28 de junio de 2015

Acabouse




                  BOAS VACACIÓNS



                        ATA O CURSO QUE VÉN!!!

FIN DE CURSO




 


Actividade colectiva

A policía nacional con toda a súa equipación reuniu ao alumnado de todos os colexios do concello no campo de fútbol do Viveiro (Cantarrana).








O mercado ecolóxico

Una nova edición do noso mercado, e xa van tres, no que os nenos e nenas amosan os produtos do noso horto e que ademais se enriquece con obradoiros. Este ano contou con varios: de barro, de pintura, de elaboración de pulseras, de torneado e os membros da AMPA prepararon un de semiado.
En sendos murais, amparados por un posto coa degustación do produto, expuxemos dous milagres da natureza: o pan e o aceite.
  As familias gozaron paseando entre os distintos postos. Este paseo foi amenizado cun pasarrúas e cunha actuación dos nen@s de primeiro que cantaron o Pan de millo.
 Un grupo de nais puxo máis sabor preparando, in situ, freixós e roscas.
 Xornada de festa para saborear e repetir.
























O camiño de Santiago

Nova e fermosa etapa de Triacastela a Samos. Etapa que discorre paralela o río Oribio, chamado Sarria, cando entra neste concello. Camiño que percorrimos en marabillosa convivencia os alumn@s deo 3º ciclo e os mestres. Rematamos a xornada matinal no magnífico mosteiro de Samos que visitamos acompañados dunha guía que nos amosou a beleza das súas pinturas e a grandiosidade dos dous claustros. Despois de comer seguimos ata Teguin, onde xa nos recolleu o autobús para iniciar o regreso.















Letras Galegas

Ademais dun novo exemplar do noso CHALANO que  un ano máis zarpou dos asteleiros do Lois Tobío, celebramos a festa das nosas letras con tres xornadas no teatro Pastor Díaz. Tres xornadas que contaron coa participación de todas as titorías e estiveron repletas de: música e dramatizacións.















Rematou o trimestre e con el o curso. Un último trimestre cargado de actividades variadas e creativas.

A finais de  abril recibimos a visita do poeta, Xoán Neira, que despois dun interesante obradoiro de poesía faloulles aos alumnos de 6º do seu libro Un niño no xardín.




Comezamos o mes de maio cunha charla, tamén dirixida aos alumn@s de sexto, dentro do programa Lugo emprende