"A solidariedade é como o mar, podes ver o comezo pero non o final " Anónimo



" Hemos aprendido a volar como los pájaros y a nadar como los peces, pero no hemos aprendido el sencillo arte de vivir juntos como hermanos " Martin Luther King




miércoles, 17 de diciembre de 2014

Chegou o NADAL

O colexio xa está ambientado con motivos de NADAL. Este ano as familias colaboran con beléns feitos con materiais reciclados. Unha marabilla creativa!







Visitamos o centro Geriatros

Os nenos e nenas de 2º e 6º visitaron os anciáns de Geriatros para poñer música nunha mañá de Nadal. Os maiores puxeron a música e os máis pequenos os bailes tradicionais galegos.












Presentación do calendario 2015

Os alumn@s de sexto presentaron diante das súas familias o calendario do vindeiro ano. Calendario que elaboraron nas aulas Abalar que coordina Manuel. Un produto moi artesá. Eles buscaron información, refráns, cantidas, ditos e adiviñas correspondentes a cada mes e logo confeccionaron o calendario ilustrado cos seus propios debuxos.
   Tamén leron o Pregón de Nadal que dará, o vindeiro venres, entrada as actividades que co motivo do Nadal pechan o primeiro trimestre.