"A solidariedade é como o mar, podes ver o comezo pero non o final " Anónimo



" Hemos aprendido a volar como los pájaros y a nadar como los peces, pero no hemos aprendido el sencillo arte de vivir juntos como hermanos " Martin Luther King




miércoles, 29 de octubre de 2014

Excursión a Lugo dos alumno@s de 6º

O alumnado de 6º viaxou a Lugo para visitar o Centro de Interpretación Terras do Miño e a continuación, en Outeiro de Rei, contemplamos o amplo legado de Manuel María na sús casa museo.
Percorremos unha senda á beira do río Rato e en Outeiro de Rei camiñamos á beira do pai Miño, como diría o poeta chairego, pola carballeira dea Santa Isabel. Neste fermoso lugar   todos os anos se celebra un convivio na lembranza de Manuel María.


     Batuxo, embarcación empregada para cruzar o río.




Algunhas artes de pesca empregadas nos ríos













Útiles de pesca











 Nestas paraxes si se poden ollar con claridade as vistosas cores do outono que aquí nos impide observar a presenza de tantos e tantos eucaliptos.



















A biodiversidade nestas terras







En Outeiro á beira do Miño














   Na casa de Hortas, casa natal de Manuel María, hoxe convertida en Casa Museo                































Unha grata viaxe na que percorremos as terras do Miño: aTerra Chá

  A Terra Chá somentes é.
  un pobo aquí, outro acolá,
  mil arbres, monte raso,
 un ceo chumbo e tráxico
 no que andan as aves a voar.
 O resto é soedá.

               Manuel María

Froitos de outono

Esta exposición recolle moitos froitos de outono do noso horto







viernes, 10 de octubre de 2014

Xa é outono

Coa chegada do novo curso aparece axiña o outono cargado de cores, de froitos, de choiva para enchoupar os pés nas pozas...


                O outono
                O outono pinta cores
                cos peteiros dos paxaros
                e coas aves que se van
                pinta un adeus cada ano.
                (...)
                                       Xoán Neira

 No colexio temos unha exposición de froitos desta época moitos obtidos no noso horto.
Atrévete a pintar o outono.