"A solidariedade é como o mar, podes ver o comezo pero non o final " Anónimo



" Hemos aprendido a volar como los pájaros y a nadar como los peces, pero no hemos aprendido el sencillo arte de vivir juntos como hermanos " Martin Luther King




lunes, 17 de noviembre de 2014

Mes da ciencia

Estamos a celebrar este mes o mes da ciencia e aos alumn@s do 3º ciclo, unha vez repartidas as actividades a realizar correspondéronlles as seguintes.
     - Preparar algunha biografía de científicos importantes, entre elas  a de Isaac Newton.
     - Recoller e resolver algún enigma matemático.
     - Realizar algún  experimento sinxelo.









Teatro

O alumnado do colexio, agás os alumn@s de 1º curso, estiveron o mércores, 12 de novembro, desfrutando da interpretación co Centro Dramático Galego fixo da obra de Carlos Casares As laranxas máis laranxas de todas as laranxas.
 Marabillosa representación, con moita parte musical, que engaiolou ao alumnado e ao profesorado.


lunes, 10 de noviembre de 2014

O Samaín e o magosto foron as últimas celebracións

Xa no mes de novembro,  en datas próximas o San Martiño, celebramos o magosto. Ricas castañas asadas, quentiñas e saborosas degustamos no recreo do día 7.  Festa ambientada con  boa música e bastante bo tempo. Nesta celebración colaborou a AMPA do centro.











Dia das bibliotecas

Rematamos o mes con varias actividades unha  delas foi a celebración do  Día das bibliotecas. Este ano adicámosllo a tres personaxes: Mafalda, Mary Poppins e a Pantera Rosa, todas cumpren 50 anos. Coa súa imaxe completamos un gran crevacabezas que os pequenos debían organizar.
   Foron os alumn@s do 3º Ciclo os encargados de achegar as personaxes aos máis pequenos. Con sinxelas dramatizacións fixeron as presentacións correspondentes e a continuación puxeron voz  a algunha das viñetas que o debuxante Quino puxo en boca de Mafalda. Viñetas de gran contido social que abordan temas tan de actualidade como: a desigualdade social, as guerras, a fame no mundo...Ademais entregouselle a cada alumn@ un marcapáxinas alusivo a este  aniversario.