"A solidariedade é como o mar, podes ver o comezo pero non o final " Anónimo



" Hemos aprendido a volar como los pájaros y a nadar como los peces, pero no hemos aprendido el sencillo arte de vivir juntos como hermanos " Martin Luther King




domingo, 28 de febrero de 2016

Exposición

Unha vez rematado o Antroido preparamos unha exposición cos traxes e demais complementos, que no seu día, amosou cada nivel. Nalgún caso mesmo engadimos unha pequena información sobre a cultura corraspondente.









jueves, 11 de febrero de 2016

Antroido

Chegou o tempo de Antroido e o patio do colexio encheuse de colorido.
Primeiro degustamos un chocolate quentiño con doces típicos destas datas e despois do tempo de recreo houbo desfile  e baile.
A temática xirou arredor das civilizacións e así comezaron a desfilar  os de primeiro co seu traxe de indios:












 De verde , azul e vermello traían os chinitos e as chinitas os seus traxes.  Ofreceron unha coreografía e mesmo nos amosaron o seu palacio:












Os alumn@s de terceiro achegáronnos os traxes dos guerreiros romanos:












Con traxes do medievo desfilaron os nen@s de cuarto:











O mundo castrexo chegou da man dos nenos e nenas de quinto que danzaron arredor dunha das casas do castro onde habitaban:



                                                                  













Colocando a súa pirámide chegaron os exipci@s de sexto:













Fin de festa cuns minutos de baile e adeus a Don Carnal!











miércoles, 10 de febrero de 2016

Dia da PAZ

Un ano máis reunímonos nun acto colectivo pola PAZ.
Como a nosa comunidade educativa está moi vinculada ao mar, este ano o lema escollido foi :

                                     UN  MAR  DE PAZ

 Nós, que temos o privilexio de ollar   este fermoso mar e a súa grandiosidade, lonxe desas imaxes de destrución e miseria, que chegan a diario á retina de tantos nenos e nenas que viven en lugares onde se instalou a guerra, sumámonos aos fermosos versos, que sobre o mar, escribiu o poeta chairego Manuel María:

          (...)
           Ti nunca viches o mar
           a tecer e a destecer
          ondas azuis que van
          a praia mansa morrer?
     
         (..)
          Ti nunca viches o mar?
          E sabes que non repousa?
          Se nunca viches o mar
          non viches ningunha cousa!

 Dedicámoslle este sinxelo acto a aqueles nenos e nenas que por diferentes razóns nunca ollaron o mar nin a súa fasquía.
Comezamos cun baile de cariocas que nos ofreceron os nen@s de 6º A.

A continuación os alumn@s de cada titoría leron textos, recitaron poemas ou mesmo interpretaron cancións alusivas á PAZ e ao mar. Textos e poemas moi variados , da autoría de: Ana Mª Fernández, Rosalía de Castro, Neira Vilas, García Teijeiro... entre outros.






       




























 Ao final tentamos, coa colaboración de pais e nais, representar o fermoso mural sobre a pista:
                      - os alumn@s de1º e 2º formaron as ondas
                      - os de 3º e 4º, o barco
                      - os de 5º e 6º completaron as velas
                      - pais e nais rechearon as letras do lema.
                     





 Este é o resultado do fermoso mural, deseñado e colocado por Manuel, que contou con algunha colaboración para pintar os seus elementos; especialmente a dunha nai, Mª José , que coa cor deulle vida.

Tamén saiu do prelo, con todos os textos, un fermoso libro, en edición única e exclusiva para goce da nosa comunidade, dado que o seu tamaño xigante non permite movelo con facilidade.

miércoles, 3 de febrero de 2016

NADAL
  Despois de ambientar o colexio con motivos e tarxetas de Nadal, chegou o momento de ir buscar a Papa Noel que agardaba nos xardíns Noriega Varela.
 Un grupo de músicos e nenos e nenas con xogos populares: combas, carrilanas, zancos... chegaron aos xardíns e acompañárono de volta ao cole a onde chegaría montado no seu burro.