"A solidariedade é como o mar, podes ver o comezo pero non o final " Anónimo



" Hemos aprendido a volar como los pájaros y a nadar como los peces, pero no hemos aprendido el sencillo arte de vivir juntos como hermanos " Martin Luther King




miércoles, 25 de febrero de 2015

Dia de Rosalía

Onte, 24 de Febreiro, celebramos, coa participación de todas as titorías, un maratón de lectura da obra rosaliana e unha ofrenda floral a nosa poeta máis universal. Unha presentación, en Powerpoint, que incluía unha  breve reseña da súa biografía, mesmo  con algún dos seus poemas musicados por Amancio  Prada e Uxía, introduciron esta actividade que organizou e coordinou Pilar, a encargada da biblioteca.







Preparando circuitos eléctricos

Traballando o tema da luz alumn@s como Yin executaron bonitos traballos con circuitos eléctricos.



O Antroido

O venres, 13 de Febreiro, no pavillón do colexio, celebramos o desfile de Antroido. Desfilaron todas as titorías nun espazo, non moi axeitado, pois alí, o son non se percibe con nitidez. Aínda así os nen@s gozaron da sesión lúdica. Atopamos moreas de fichas de dominó, hippies en abundancia e moitos científicos con experimentos propios dos grandes xenios.
O desfile estivo precedido dunha charla moi ilustrativa para todos os cursos que correu a cargo do cronista oficial, Carlos Nuevo, mestre no noso centro.
Unha copiosa chocolatada completou a degustación que, de doces típicos destas datas, probaron mestres e nen@s nas aulas.



Carlos Nuevo, cos alumn@s de sexto. Moi representativas as diapositivas que lles amosou do antroido de outros tempos.















miércoles, 11 de febrero de 2015

Froita fresca

Os alumn@s de sexto elaboraron carteis anunciando o reparto de froita fresca en vindeiras semanas, especificando ademais a froita a tomar cada día da semana. Entregaron nos cursos dos máis pequenos: carteis, notas informativas para as familias e as autorizacións precisas.





Dia da PAZ

Por fin o mal tempo deunos unha tregua e o acto, que fora adiado desde o día 30, celebrouse onte.
Nun día soleado xuntámonos nun acto colectivo  coa participación de todas as titorías. A lectura de poemas foi a actividade máis  común, algúns acompañados de boa música que puxeron os alumn@s de sexto. Tamén sonou algunha canción, con coreografía incluida. A tradición musical, da man de Manuel, respírase nos actos do colexio. Escoitamos textos de : García Teijeiro, Alvaro Cunqueiro, Mario Benedetti, Neira Vilas, Manuel María e Víctor Heredia...entre outros. Colocouse o fermoso mural na parede do pavillón e a continuación formamos unha gran ponte sobre a pista vermella  do colexio.



































miércoles, 4 de febrero de 2015

Día da PAZ

Agardando a que a climatoloxía mellore para poder celebrar no patio un acto colectivo pola PAZ. Este ano construiremos outro fermoso mural baixo o lema: Unha ponte pola PAZ.  Teríamos que construír máis pontes e menos muros: pontes entre culturas, pontes entre países, pontes de amizade.....
 As titorías teñen seleccionados os textos para ler neste acto.  Os nenos e nenas poñerán voz a poemas da autoría de Cunqueiro, Manuel María, García Teijeiro, Benedetti, Gabriela Mistral...entre outros.