Nova e fermosa etapa de Triacastela a Samos. Etapa que discorre paralela o río Oribio, chamado Sarria, cando entra neste concello. Camiño que percorrimos en marabillosa convivencia os alumn@s deo 3º ciclo e os mestres. Rematamos a xornada matinal no magnífico mosteiro de Samos que visitamos acompañados dunha guía que nos amosou a beleza das súas pinturas e a grandiosidade dos dous claustros. Despois de comer seguimos ata Teguin, onde xa nos recolleu o autobús para iniciar o regreso.