Para complementar as actividades da semana da froita preparamos unha gran árbore que enchemos de saborosas receitas de froita. Abofé que merece a pena: pararse, anotar algunha e levar despois á cociña! Seguro que están boísimas dende as doces ás salgadas: biscoitos de limón, de piña, cremas de melón, sorbetes de mandarina.... A cociñar!!!