Rematamos o mes de febreiro con outra achega de froita aos recreos saudables. Ademais de tomar unha froita distinta cada día da semana prolongamos a cita coa froita e, con máis produtos e restos da froita repartida, participamos en obradoiros saudables preparando ricas brochetas e unha colorida macedonia. Canto nos prestou!!!
Levamos tamén este tema a aula Abalar para elaborar:
1º carteis que anunciaban , aos cursos dos máis pequenos, a chegada da froita.
2º un xogo de adiviñas que tiña como protagonistas ás froitas. O premio polos acertos conqueridos foi un puzzle de froitas para colorear, recortar e compoñer.
3º Ademais Manuel preparou un orixinal carro no que, polo patio, nenos e nenas recollían os restos da froita para logo elaborar compost para o noso horto escolar.
O alumnado de sexto, da man de Manuel,preparou estas actividades.