"A solidariedade é como o mar, podes ver o comezo pero non o final " Anónimo



" Hemos aprendido a volar como los pájaros y a nadar como los peces, pero no hemos aprendido el sencillo arte de vivir juntos como hermanos " Martin Luther King




lunes, 7 de marzo de 2016

A vespa velutina

O venres pasado visitáronnos os técnicos da Casa do mel para explicarlles aos alumn@s os riscos que se producirán se esta vespa asiática reduce ou elimina as nosas abellas.
Estiveron cos rapaces de  3º e 4º e despois de facer un repaso sobre o traballo tan beneficioso das abellas e de todos os produtos cos que nos agasallan, explicáronlles as diferencias da intrusa coas nosas abellas e mesmo lles ensinaron a facer trampas para tratar de eliminalas. Os nenos e nenas comprometéronse a colaborar e ademais a comunicar o número de raíñas que capturaban e no lugar onde o facían.
Interesante charla , posto que , alomenos en quinto, estamos traballando a polinización das plantas e  ademais que esgundo explicaron eles agora comeza o tempo de colocar as trampas porque as raíñas saen despois de hibernar un tempo.